Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Espazos Efémeros celebra a súa segunda edición en Tui con 18 postos, obradoiros e concertos

9/10/2026

Celebrarase do venres 9 ao luns 12 no edificio municipal da praza da Inmaculada

Tui acolle a segunda edición de Espazos Efémeros, un encontro de artesanía, música e innovación rural organizado por Galicia Suroeste.

O edificio da praza da Inmaculada acollerá dende este venres 9 até o luns 12 un mercado vivo de creatividade, produto local e cultura. Será coa celebración da segunda edición de Espazos Efémeros organizado por Galicia Suroeste en colaboración co Concello de Tui.

Este venres 9 ás 17.30 h terá lugar a inauguración a cargo dos representantes institucionais dos tres Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) socios do proxecto, autoridades municipais, provinciais, autonómicas e nacionais,

Nesta primeira xornada contarase coa actuación musical de Faía Díaz e Xan Campos as 19 h. O Espazo Efémero poderá visitarse nesta primeira xornada de 18.30 a 21.00 h.

Durante os catro días de celebración de Espazos Efémeros haberá dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas. O público poderá descubrir meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, entre outras propostas singulares.

Ademais da venda directa, cada xornada incluirá obradoiros demostrativos e concertos en directo, combinando tradición e innovación.

Espazos Efémeros é un proxecto de cooperación Leader interterritorial impulsado polos GDR Galicia Suroeste Eurural, Limia-Arnoia e Ulla Tambre Mandeo e está cofinanciado pola Unión Europea a través dos fondos Feader da PE PAC 2023–2027, e conta coa colaboración do Concello de Tui para a súaa posta en marcha.

Venres 9 de outubro 

  • Horario: 18:30 - 21:00 h
  • 17:30 h Acto de presentación
  • 18:30 h Degustación viño galego e apertura de Espazo Efémero Tui 
  • 19:00 h Música en directo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos

Sábado 10 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:30 h Obradoiro demostrativo: A Fada do Aloia
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Mel Niño do Corvo
  • 13:00 h Música en directo a cargo de Abril
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Arxila Ceramics
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: Lalusquis
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Mar Jewelrin
  • 19:30 h Obradoiro demostrativo: Fui Yo

Domingo 11 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:30 h Obradoiro demostrativo: Meleiras do Souido
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Floresta Flores
  • 13:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Méndez Cerámica
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Mirabel do Rosal
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Belén Jarrín
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Doniccas
  • 19:00 h Música en directo a cargo de Terreiras

Luns 12 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:00 h Obradoiro demostrativo: Kiwi Eco
  • 12:00 h Obradoiro demostrativo: Adega Quiñóns da Insua
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Gaia Gourmets
  • 13:00 h Música en directo a cargo de The Swinging Flamingos
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Millo Joyería
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: León Lagata
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Charria Ceramics