Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Historia, terror e ciencia ficción nos xogos de rol da TuidCon HispaCon

2/10/2026

Quedan as últimas prazas para participar nas catro partidas que se celebrarán na praza da Inmaculada

Do venres 16 ao domingo 18 deste mes celebrarase en Tui a convención TuidCon HispaCon que achegará á cidade o mundo da fantasía, ciencia ficción, terror e literatura Haberá máis de 40 actividades con presentacións de libros, charlas, feira editorial, premios, cómic, e xogos de rol, entre outras propostas.

A praza da Inmaculada, ou en caso de choiva o interior do edificio dos antigos xulgados, será o lugar onde se realicen catro xogos de rol previstos.

Haberá dous xogos de rol tradicional e dous de roles ocultos. Nos tradicionais, as persoas participantes crean unha personaxe ficticia e entran nun mundo que elabora un narrador, chamado máster. Xogarase unha partida para persoas adultas que será “Noite de póker”, desenvolvéndose nun comando de Estados Unidos; e outra infantil, “Gatiños máxicos”, onde os nenos e nenas vivirán unha historia imaxinaria con animais.

Por outra banda, a TuidCon HispaCon organiza dous xogos de roles ocultos para público adulto, que serán máis inmersivos e onde os xogadores viven as experiencias en primeira persoa.  Unha destas partidas será “Primeiro viñeron”, ambientada na Noite dos Cristais Rotos na Alemaña de 1938. Mentres nunha base soviética na Antártida desenvolverase o “O enigma doutro mundo”o segundo xogo de rol oculto que haberá na TuidCon.

Para participar é necesario inscribirse no correo rol_tuidcon@proton.me, xa que quedan poucas prazas dispoñibles.