Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inauguración dos novos vestiarios e obras complementarias no Pavillón Deportivo da Macoca

22/09/2026

Mañá mércores, 23 de setembro, ás 11.00 horas, realizarase o acto de inauguración dos novos vestiarios e obras complementarias realizadas no Pavillón Deportivo da Macoca, en Pazos de Reis, financiadas ao abeiro do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.

No mesmo estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o deputado de Xestión Tributaria, Patrimonio, Formación e Emerxencias, Alejandro Lorenzo, o presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis, Óscar Méndez, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, xunto a concelleiros e concelleiras de Tui, así como presidentes e presidentas dos clubs deportivos tudenses que utilizan esta instalación.