Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornadas Gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio: O Bonito

Data: 
26/09/2026
Lugar: 
Mercado de San Antonio

O sábado 26 de setembro celebraranse as segundas Xornadas Gastronómicas "Saborea o Mercado de San Antonio" dedicadas ao Bonito.

Dende ás 11 h poderá degustarse este produto en tres elaboracións realizadas polo restaurante Al Dente que colabora nesta iniciativa do Concello de Tui.  Será Empanada de Bonito, Bonito á prancha sobre crema de pataca, cebola e pimentón, e Tartar de Bonito.  Cada ración terá un prezo de 6€.