Talía Teatro con “Un Deus Salvaxe”

Data:
9/10/2026
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
Talía Teatro regresa ao Teatro Municipal coa súa última montaxe “Un Deus Salvaxe” o venres, 9 de outubro, ás 21 h.
Artur Trillo dirixe este espectáculo que conta cun elenco formado por María Ordoñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais.
A obra conta a historia de dous matrimonios, adultos e civilizados, que se atopan para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque.
Con esta montaxe, Talía Teatro reafirma o seu compromiso coa creación dun teatro de calidade, relevante e comprometido co público galego.
- Xénero: drama
- www.taliateatro.gal
- Publico: familiar + 14 anos
- Duración: 70 min
- Idioma: galego
- Prezos: 10€ - 7,5€




