Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui oferta trece actividades dentro da programación do Setembro Xudeu

31/08/2026

Haberá visitas teatralizadas e guiadas, conferencias, proxección de películas… para difundir o patrimonio xudeu tudense

Un total de trece actividades conforman a programación do Setembro Xudeu que se vai desenvolver do 3 ao 27 de setembro baixo a organización do Concello de Tui.  

Baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui” desenvolveran visitas guiadas, visitas teatralizadas, exposicións, conferencias, música, proxección de películas para difundir o patrimonio xudeu que atesoura a cidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez, presentaron esta maña este amplo programa de actividades que coincide coa celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudia desde 1999, para destacar a importancia histórica do patrimonio xudeu coa firme intención de promover o diálogo, o recoñecemento e o intercambio a través de conferencias, concertos, actuacións, visitas guiadas e outras actividades que teñan lugar simultaneamente en todo o continente.

A concelleira Ana Núñez subliñou que este 2026, o fío condutor do día en toda Europa é o Amor — אהבה (Ahavá), que rende homenaxe a un sentimento que abrangue séculos de historia xudía en Europa. Un concepto diverso e profundo que se reflicte nas tradicións familiares, na paixón polo patrimonio e na capacidade de tender pontes con outras culturas. A través deste lema, a Red de Juderías celebra un amor que une persoas, xeracións e comunidades diversas arredor dunha mesa compartida, convidándonos a namorarnos da nosa historia compartida, das nosas raíces e do poder do diálogo.

Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, este programa reúne diversos eventos, itinerarios e propostas destinadas a poñer en valor a historia e o patrimonio de Tui ao longo dos séculos.

O programa abrangue as seguintes actividades:

  • Xoves 3
    • Exposición “Los sambenitos de la catedral de Tui: historia, memoria e infamia”
    • Anexo Sala Municipal de Exposicións – Edificio “Francisco Sánchez”.  Ata 30 de setembro.
  • Sábado 5
    • Visita teatralizada polo patrimonio xudeu de Tui
    • Inicio Oficina de Turismo – 21.30 h.
  • Luns 7
    • Conferencia: "Amores e tribulacións en tempos da Inquisición: disidencia e matrimonio na comunidade cristián nova na fronteira do Miño" por Suso Vila
    • Igrexa de san Domingos – 20.00 h.
  • Xoves 10
    • Proxección do documental “Adio kerida” (2002) de Ruth Behar.
    • Espazo sociocultural rúa Camilo José Cela – 20.00 h.
    • En colaboración co Cine Club de Tui.
  • Domingo 13
    • Visita guiada por Hugo Lage de Buguina Turismo
    • Inicio Oficina de Turismo – 11.30 h.
  • Xoves 17
    • Proxección da película “Lacombe Lucien” (1974) de Louis Malle.
    • Espazo sociocultural rúa Camilo José Cela – 20.00 h.
    • En colaboración co Cine Club de Tui.
  • Domingo 20
    • Visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui
    • Inicio Oficina de Turismo – 11.30 h.
  • Xoves 24
    • Presentación da novela “Las llaves de Sefarad: el misterio de un legado” de Javier Bona
    • Espazo sociocultural rúa Camilo José Cela – 20.00 h.
  • Sábado 26
    • Visita guiada por Sara Quintana de Vistas Guiadas Tui
    • Inicio na Oficina de Turismo – 11.30 h.
  • Domingo 27
    • Concerto de música medieval e sefardí polo dúo “Luparias”
    • Igrexa de San Domingos – 20.00 h.
  • Martes 29
    • Conferencia “Vida judía en Galicia: patrimonio y legado” por  Wanda Teplesky.
    • Igrexa de San Domingos – 20.00 h.
  • Durante todo o mes
    • Photocall Xornada Europea da Cultura Xudía 2026 – Amor
      • Situado no exterior da Oficina de Turismo no Paseo da Corredoira
    • Exposición bibliográfica e audiovisual
    • Biblioteca de cinema “Daniel Domínguez” – Biblioteca Municipal

Por outra parte a concelleira Ana Núñez lembra que o Concello de Tui posúe tamén unha oferta de visita turística autoguiada para que as persoas interesadas poidan acceder ao coñecemento do patrimonio xudeu da nosa cidade histórica accesible a través de rutajudia.turismotui.mobi/rjudia01, así coma a través dos mapas “O tesouro de Salomón” dispoñibles na web municipal (GAL / ES) e na Oficina de Turismo.