O Concello de Tui destina máis de 63 mil euros a subvencións a asociacións culturais e ANPAs
As solicitudes poden presentarse dende mañá até o 10 de setembro
Mañá abre o prazo para que asociacións culturais e asociacións de pais e nais presenten as solicitudes para as convocatorias de subvención que realiza o concello de Tui para a realización de actividades neste ano 2026 por parte destes colectivos. O Concello de Tui destina de fondos propios 63.600 euros a estas convocatorias.
En concreto destina 42.200€ para as actividades de asociacións culturais cun máximo de 7 mil euros por colectivo. No caso das ANPA o orzamento é de 21.400€ establecéndose un límite máximo en función da categoría do centro ao que pertenza a asociación. Nos dous casos o importe da subvención concedida non poderá superar o 80% do proxecto subvencionable.
As bases completas destas convocatorias poden consultarse na sede electrónica do concello de Tui, na web municipal en tui.gal, e o extracto no BOPPO deste mércores 26 de agosto. As solicitudes poden presentarse dende mañá xoves, 27 de agosto até o 10 de setembro.





