Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro sobre o oficio tradicional da xoiería o sábado 26 de setembro en Tui

26/08/2026

Forma parte do Programa de Voluntariado Interxeneracional “Rede Galega de Oficios Vivos”

Tui acollerá o sábado, 26 de setembro, unha xornada do Programa de Voluntariado Interxeneracional “Rede Galega de Oficios Vivos”. Celebrarase de 10 a 14 h e de 16 a 20 h o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.

Esta é unha iniciativa gratuíta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia destinada á recuperación e transmisión dos oficios tradicionais, poñendo en valor o seu potencial como oportunidade de emprego e autoemprego. Neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

A xornada  está  dirixida  principalmente a persoas maiores de 55 anos e a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos, aínda que tamén poderán participar persoas de ata 54 anos. Cada xornada contará cun máximo de 16 persoas voluntarias organizados en parellas, o que favorece o intercambio de coñecementos entre xeracións.

O encontro comezará cunha dinámica de presentación e a continuación Irene Malvárez de Alumearte achegará a súa experiencia profesional e como os esmaltes sobre metal comezaron a formar parte do seu traballo. Nunha primeira parte teórica realizarase un breve percorrido pola historia da técnica do esmaltado sobre metais, coñeceranse diferentes técnicas de esmaltado e presentaranse os principais materiais e ferramentas empregados neste oficio. Posteriormente

Na parte práctica, as persoas voluntarias terán a oportunidade de elaborar as súas propias pezas en cobre esmaltado, como pendentes ou colgantes, empregando a técnica de esmaltado por vía húmida. Finalmente, poderán coñecer o proceso de “cociñado” das pezas mediante o uso do soplete, observando como o esmalte se fixa sobre o metal.

A xornada do próximo 26 de setembro favorecerá o achegamento das persoas voluntarias ao oficio mediante unha experiencia práctica e participativa, contribuíndo á transmisión interxeracional dos coñecementos e á conservación e valorización dos oficios artesanais tradicionais.

A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na seguinte ligazón https://voluntariadogalego.org/form/programa-de-voluntariado-interxe