Presentación do libro "Viaje a la ausencia" de Almudena Solana

O xoves, 20 de agosto, ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do libro “Viaje a la ausencia” da escritora tudense Almudena Solana.
“Viaje a la ausencia” é un texto a medio camiño entre a memoria privada e o ensaio poético, que aborda o duelo tras a morte do pai da autora, que fora funcionario de Aduana en Tui nos inicios da década dos sesenta.
Almudena Solana (Tui, 1963) é doutora en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, alén de escritora, xornalista e artista visual. É tamén fundadora de Fabric Poetry (Poesía en Tea), un proxecto que combina literatura e arte téxtil a través de pezas únicas ou de edición limitada. Inicia o seu camiño como novelista en 2002 coa obra “El currículo de Aurora Ortiz”, traducida ao inglés en 2005 e adaptada ao teatro no Reino Unido. Seguiron “Las mulleres inglesas destrozan los tacones al andar” (2007), “La importancia de los peces fluorescentes” (2009) e “Efectos secundarios” (2013). Almudena Solana foi preogeira das festas de San Telmo no ano 2004. Actualmente reside entre Madrid e Los Ángeles (EEUU).




