Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Doazón de Sangue en Tui | Agosto 2026

Data: 
21/08/2026
Lugar: 
r/ Casal Aboy, a carón do Centro de Saúde

A unidade móbil de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, estará o venres 21 de agosto e o sábado 22 en Tui. 

Situarase na rúa Casal Aboy, a carón do Centro de Saúde. Poderase doar sangue o venres 21 de 10 a 14.15 h e de 16 a 21 h, e o sábado de 10 a 15h. 

Como cada ano, a ADOS realiza unha campaña especial no verán, a época máis complicada para manter estable a participación das persoas que doan sangue. O obxectivo desta iniciativa é acadar as máis de 22.0000 doazóns de sangue que precisan os centros sanitarios para axudar a preto de 6.500 doentes que requiren tratamento con compoñentes do sangue para recuperar a saúde.