Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Eclipse Solar

Data: 
12/08/2026
Lugar: 
Monte das Penizas

O Monte das Penizas acollerá mañá dende ás 18 h un evento especial para observar a eclipse solar organizado polo Concello de Tui  en colaboración coa Comunidade de Montes de Paramos, a Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas. 

  • Tráfico:
    • Ante a importante asistencia de persoas que se prevé de forma puntual establecerase un sentido único de circulación no acceso ao Monte das Penizas, de tal xeito que o acceso realizarse dende o barrio da Torre, a baixada realizarase cara Guillarei. Os accesos estarán sinalizados dende a estrada PO-404.
    • Tanto a Policía Local coma Protección Civil estarán coordinando todo o operativo para garantir a seguridade e a fluidez nos accesos.  
    • Haberá zona de aparcamento gratuíta. 
  • Observación
    • Para guiar a observación, explicar que é a eclipse, contexto histórico, as distintas fases, como inflúe na natureza, contarase do biólogo Fernando Álvarez, quen tamén incidirá nas medidas de seguridade para ver a eclipse como o uso de gafas homologadas, e responderá ás preguntas que poidan plantexar as persoas asistentes.
  • Gastronomía e Música
    • Contarase ao longo da tarde coa oferta gastronómica de produtos tradicionais da man da Comunidade de Montes de Paramos.
    • A selección musical correrá a cargo de Botz
  • Gafas homologadas
    • O Concello, grazas á colaboración da Deputación, agasallará ás persoas asistentes con  gafas de protección homologadas para ver a eclipse.