Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra o sábado 15 a Festa do Miño con música e gastronomía

8/08/2026

A rúa Compostela acollerá a dez asociacións que ofertarán diversos pratos. Contarase coa actuación da charanga A tu Ritmo, Fanfarria Taquikardia e de Mekánica Rolling Band

Dentro dunha semana, o sábado 15 de agosto, Tui vivirá a Festa do Miño coa gastronomía e a música coma protagonistas. A cita estará na rúa Compostela na que se vai celebrar a festa gastronómica pondo en valor os pratos típicos galegos, tendo cabida tamén outras elaboracións, e onde sempre atopamos novas propostas. Da man de dez asociacións culturais dende ás 20 h poderanse degustar, a prezos que oscilan entre o 1 e os 4 euros, gran variedade de produtos. Así haberá tortilla, empanadillas, empanada, empanada de millo, bocadillos variados, brocheta, minipizzas, croquetas, quiche, arepas, trenza de xamón e queixo, … e de sobremesa biscoito, bica, tarta de queixo, rosquillas, macedonia, tartas de mazá, de tres chocolates, de piña ou de améndoa, leite frita,…

Participarán cos seus postos a Asociación Cultural Cristo da Agonía de Baldráns, a Banda de Gaitas Guillarei de Guillarei, a Asociación Cultural Laxes de Paramos, a Asociación O Mosteiro de Pesegueiro, a Asociación de Riomuíños, a Asociación de San Bartolomeu, a Asociación Cultural Seixos Albos de Areas, a Asociación do Traxe Tradicional, a Comisión Virxe das Dores de Guillarei e a Asociación Cultural Xuntanza de Randufe.

 A festa gastronómica do Miño terá como complemento perfecto a música coa actuación dende ás 20 h da charanga tudense A tu ritmo, continuará ás 21.30 h con Fanfarria Taquikardia e para o fin de festas contarase con Mekánica Rolling Band.