Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XIV IKFEM, Festival Tui-Valença

Data: 
16/07/2026
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença acollerá do xoves 16 ao domingo 19 de xulllo o XIV IKFEM, Festival Tui-Valença. Serán catro días nos que se tenderá unha nova ponte cultura entre as dúas beiras do Miño. 

A programación prevista é a seguinte

Xoves 16

Ás 19.00 h ES Diálogo con Wöyza & emmy Curl. no Mirador de Santo Domingo

Ás 22:30 h.(ES) | Praza da Inmaculada, Tui. (Entrada gratuita). Wöyza coa colaboración especial de emmy Curl

Wöyza, unha das voces máis singulares da escena soul, hip hop e música negra en Galicia, chega cun directo cheo de forza, emoción e raíces. A artista galega vén de presentar Valiosa, o seu novo traballo discográfico, un álbum no que afonda na fusión de soul, rap, gospel e sons de raíz, consolidando unha traxectoria marcada pola autenticidade, a sensibilidade e a mestizaxe cultural.

Nesta ocasión, Wöyza contará coa participación especial da artista portuguesa emmy Curl, cantante, compositora e produtora recoñecida pola súa delicadeza artística e por crear atmosferas sonoras que combinan electrónica, folk e tradición portuguesa. O seu universo musical, íntimo e evocador, converteuna nunha das voces máis persoais e cativadoras de Portugal.

Ambas artistas unirán as súas voces sobre o escenario nun encontro inédito entre Galicia e Portugal que promete converterse nun momento único: unha celebración da música como linguaxe universal, capaz de emocionar, conectar e derrubar fronteiras.

Venres 17

Ás 22:30 h.(ES)  | Cortinas de São Francisco, Valença. António Zambujo convida a Uxía

Entradas

António Zambujo, unha das grandes referencias da música portuguesa contemporánea, chega cun directo elegante, íntimo e profundamente emocionante. Recoñecido internacionalmente pola súa capacidade para reinventar o fado e achegalo a novos territorios sonoros, o artista alentexano mestura tradición e modernidade nun universo musical onde conviven a música popular portuguesa, o jazz, a bossa nova e a canción de autor.

Nesta ocasión tan especial, Zambujo contará coa participación da artista galega Uxía, unha das voces máis emblemáticas da música de raíz e cunha traxectoria única tendendo pontes entre Galicia, Portugal e o mundo lusófono.

Concierto António Zambujo & Uxía IKFEM Festival Tui - Valença 2026Concierto António Zambujo IKFEM Festival Tui - Valença 2026

António Zambujo e Uxía compartirán escenario nun encontro irrepetible entre Galicia e Portugal, unindo as súas voces nunha celebración da música atlántica e dos lazos culturais que conectan ambas beiras. Un concerto único onde a sensibilidade, a tradición e a emoción se fundirán para demostrar, unha vez máis, que a música non entende de fronteiras.

Sábado 18 

De 12.00 a 00.30 h. (ES) PONTE INTERNACIONAL TUI-VALENÇA. Ponte Creativa & Enogastronómica

Con motivo do 140.º aniversario da Ponte Internacional, esta mostra contará con  30 postos de expositores de arte, artesanía, xoiería, cestería, cerámica, deseño, ilustración e decoración, ademais de produtos de artesanía alimentaria como viño, sidra, aceites, confeituras, conservas, doces artesanais, etc.

Haberá tres escenarios e unha zona gastronómica a cada lado da ponte. 

  • 12.00 h ES Inicio Ponte Creativa & Enogastronómica
  • 12.00 h - 13.00 h Concerto Hall Still Echoes. Escenario Tui.  
  • 12:45 – 13:30h (ES) Produto / cata – Escenario central. Adega Rolán. Sweet Marso. Bodega Quiñóns da Insua. Conecta Té
  • 13:30 – 14:30h (ES) Concerto Sheila Patricia. Escenario Valença
  • 14:30 – 15:30h (ES)  Música ambiente  
  • 15:30 – 16:30h (ES) Concerto Julián Maeso. Escenario Valença
  • 16:15 – 17:00h (ES) Produto / cata – Escenario central. Adega Edmun Do Val. Crocante. Bodega Corisca. Confitería Rogelio.
  • 17:00 – 17:30h (ES)  Presentación MIMU – Julián Maeso. Escenario central
  • 17:30 – 18:30h (ES)  Concerto Monção Brass. Escenario Tui
  • 18:30 – 19:30h (ES)  Concerto Best Boy. Escenario Valença
  • 19:30 – 20:30h (ES) FORO ARTESANÍA: “Diálogos transfronteirizos sobre Saberes Artesanais”,  en colaboración co IX Foro Cultura e Ruralidades do Ministerio de Cultura do Goberno de España. Escenario central
  • 20:30 – 21:30h (ES). Concerto Maria João Soares. Escenario Tui
  • 21:30 – 22:30h (ES)  Concerto La MMarca. Escenario Valença
  • 22:45 – 00:30h (ES) Sesión DJ – Señora DJ. Escenario Valença

Domingo 19

Ás 18:00 h.(ES). Mirador de Santo Domingo  Diálogo con Borja Niso & Rosa Cedrón

Ás 19.00 h ES. Catedral de Tui - Elsa Roldán & Joaquín Barreira. Entrada gratuíta

Elsa Roldán é unha cantante lírica nada en Tui no ano 2000, cunha sólida formación internacional. Comezou estudando violín no Conservatorio Profesional de Música de Tui. Especializouse en canto, formándose no Royal Conservatoire of Scotland e posteriormente na Escola Superior de Canto de Madrid, onde se graduou con Matrícula de Honra. Actualmente continúa o seu perfeccionamento no Máster da Escola Superior de Música Raíña Sofía, dentro da Cátedra Alfredo Kraus. Interpretou papeis en ópera e zarzuela, recibiu premios internacionais e participou en importantes producións e concertos en Europa, Asia e España, destacando pola súa versatilidade en repertorio sinfónico, lírico e de cámara.

A soprano estará acompañada polo organista Joaquín Barreira. Ambos interpretarán un repertorio de música sacra concibido expresamente para a Catedral.

 

Ás 22.30 h ES Na Alameda de San Domingos. ​Borja Niso. Concerto Ludovico Einaudi Esencial coa colaboración especial de Rosa Cedrón.

Entradas

O pianista e compositor Borja Niso presenta Ludovico Einaudi Esencial, un espectáculo emocionante e inmersivo inspirado na obra do célebre compositor italiano Ludovico Einaudi. A través dun directo delicado, intenso e profundamente evocador, Borja Niso propón unha viaxe sonora onde o piano se converte no fío condutor dunha experiencia capaz de conectar emoción, sensibilidade e beleza. Ademais, tamén interpretará temas propios.

O concerto contará ademais coa participación especial de Rosa Cedrón, unha das grandes voces de Galicia, que interpretará xunto a Borja algunhas das pezas máis emotivas da noite.

A velada completarase coa presenza de CaixaSon, un proxecto musical inclusivo formado por integrantes de asociacións de Galicia e do norte de Portugal, que unirán as súas voces co piano de Borja. Tamén estará presente un coro infantil de nenos e nenas de Tui.