Tui volverá a vivir unha xornada mundialista na rúa
10/07/2026
O Concello coloca hoxe venres unha pantalla xigante na praza da Inmaculada
Todo preparado en Tui para desfrutar do partido de cuartos de final do Mundial 2026 que hoxe venres ás 21 h disputan España e Bélxica. Un partido que se vivirá na rúa, na praza da Inmaculada de Tui.
O Concello de Tui coloca unha pantalla xigante, de maiores dimensións que a colocada o pasado luns, nesta céntrica praza para vivir o partido no que España busca clasificarse para as semifinais e manter o seu soño no Mundial de Estados Unidos, México e Canadá.
A partir das 19 h haberá sesión dj e gastronomía.





