Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Rondallas” proxéctase este venres na praza de Frómista

8/07/2026

É a segunda cita co cinema ao aire libre na programación cultural de verán

O conxunto histórico de Tui convértese este ano en sala de cinema ao aire libre con tres proxeccións. Este venres 10 de xullo será a segunda, con “Rondallas” de Daniel Sánchez Arévalo. A proxección é ás 22.30 h, con entrada de balde.

Esta película estreouse en xaneiro deste ano. Foi rodada en diferentes puntos da comarca, entre eles Tui e na Guarda, e mestura a historia dun pobo mariñeiro, un naufraxio, a tradición musical e a identidade galega.

Dous anos despois do tráxico naufraxio dun barco pesqueiro que sacudiu a un pobo mariñeiro, os veciños e veciñas deciden que xa é hora de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás. Por iso volven unirse para pór en marcha a rondalla, coa intención de competir no Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. Esta é a sinopse de “Rondallas”.

Este venres debido a esta cita, o tráfico rodado pola rúa Cuenca pecharase ás 22 h até o remate da proxección, agás no caso de vehículos de emerxencias.

Tui continúa vivindo este verán noites de cinema ao aire libre no conxunto histórico, nunha praza de Frómista que vén de ser renovada.