Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para o Campamento de Verán 2026 do Concello de Tui

15/06/2026

Hoxe públicase na Sede Electrónica do Concello de Tui a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para o Campamento de Verán 2026. 

Cada participante deberá solicitar (ata as 14.00 horas do venres 19/06/2026) a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:

  • Presencialmente no departamento de Tesourería do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome da persoa participante e as quendas ás que este inscrita.
  • Por enderezo electrónico cobros@tui.gal, indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa, ademais do nome da persoa participante e as quendas nas que este inscrita.

Para o pagamento da taxa, cada persoa participante terá ata o venres 19 de xuño para realizalo:

  • Telemáticamente: https://tui.ovt.gal/ (escoller a opción Servicios disponibles Sin Certificado Digital / PAGO DE RECIBOS (PASARELA DE PAGOS) / AUTOLIQUIDACIÓN.
  • Nas entidades ABANCA e BANCO SANTANDER.

Cada participante terá ata o venres 19 de xuño para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda.

As persoas que teñan calquera dúbida co pagamento, poden contactar ao departamento de Tesourería no enderezo electrónico cobros@tui.gal, ou no teléfono 986 60 36 25 [Extensión 3].

O importe por persoa participante e quenda é de 30,56€.

A persoa admitida que o día 19 de xuño non fixera o ingreso da cada quenda, será dada de baixa e a súa praza pasará á seguinte da lista de reservas.

No caso de renuncia á algunha quenda, deberán presentala de xeito expreso: 

  • Presencialmente, no Rexistro do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome da persoa participante e as quendas ás que renuncia.
  • Por sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 mediante unha instancia xeral.

A persoa admitida que ao remate dese día non fixera o ingreso de cada quenda, será dado de baixa e pasará a súa praza ao seguinte da lista de reserva.

As baixas formalizaranse por escrito e de forma xustificada no Concello de Tui, debendo achegar certificado de conta bancaria actualizado (do tomador das taxas) coa solicitude. Se a baixa se produce antes do inicio do campamento (1º día da 1ª quenda) devolverase o importe íntegro. Dende a devandita data (1º día da 1ª quenda), non se devolverá importe algún.