Presentación da Aloiada 2026
Mañá mércores 10 de xuño, ás 11 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Aloiada 2026, actividade organizada por sete dos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase este xoves 11 e venres 12 de xuño, contando coa participación de máis de 160 alumnos e alumnas de 6º de Primaria, e de 40 profesores e profesoras dos centros participantes.
Na presentación mañá mércores estarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, xunto a outros concelleiros e concelleiras de Tui, así como os directores e directoras dos sete centros participantes, Verónica Martín, do CEIP de Pazos de Reis, Nuria Garabal do CEIP Nº1, Carmen López do CEIP Nº2, Nerea Castro do CEIP de Rebordáns, Silvia Rodríguez do CEIP de Caldelas, Sandra González do CEIP de Randufe e Roberto Díez, do CPR Santa María Maristas.





