Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Publicada a listaxe de requirimentos de documentación do Campamento de Verán 2026

30/05/2026

Na Sede Electrónica do Concello está publicada, dende o xoves 28,  a listaxe de requirimentos de emenda de documentación das solicitudes de praza presentadas para o Campamento de Verán 2026. Sinaláse un prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non facelo considerarase que se desiste da solicitude.

Unha vez rematado este prazo publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas en cada quenda, sinalándose un prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación para presentar alegacións. Unha vez rematado este prazo publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas en cada quenda, e cada participante terá ata o día 19 de xuño para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda.

Consultar listaxe de requirimentos