Xornadas O Señor Afranio

Data:
22/05/2026
Lugar:
Tui
Do xoves 28 ao domingo 31 de maio celebraranse as xornadas O Señor Afranio, cunha programación que combina historia, cinema, viño e música.
- Xoves, 28 de maio, ás 20 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.
- A doutora en Historia e investigadora do Grupo Histagra da USC Natalia Jorge será a encargada de abrir estas xornadas coa conferencia “De Antón Alonso Ríos ao señor Afranio”
- Venres 29 ás 20.00 h no Espazo Sociocultural
- Proxección da película “Afranio”, dirixida por Víctor Coyote e protagonizada por Luís Tosar.
- Domingo 31
- Dende as 11.30 h no Mercado de San Antonio “Túnel do viño. Percorrido do siñor Afranio”
- Percorrido a través do viño polos lugares polos que fuxiu Antón Alonso Ríos. Así a sumiller Marina Cruces conducirá a cata polos viños do Rosal e do Condado; o viticulor Antonio Míguez Amil serán quen guie ás persoas participantes polos viños do ribeiro, e por último o enólogo tudense Manuel Areal achegará ás persoas asistentes ás características dos viños de Portugal.
- Haberá catro quendas, cun máximo de 20 prazas por quenda, ás 11.30 h, 12.00h, 12.30 h, e 13.30 h.
- A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa na Biblioteca Municipal ou no correo biblioteca@tui.gal, indicando a quenda elixida.
- Ás 20.00 h, no Espazo Sociocultural
- Concerto “Cantares dun fuxido”, con Víctor Aparicio, Pablo Nóvoa e Pancho Álvarez, nun espectáculo musical inspirado na memoria e nas historias dos fuxidos.
- Dende as 11.30 h no Mercado de San Antonio “Túnel do viño. Percorrido do siñor Afranio”




