Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XXVII Feira do Libro Galego

Data: 
17/05/2026
Lugar: 
Praza da Inmaculada

Tui celebra o domingo, 17 de maio, o Día das Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego na praza da Inmaculada.

Este ano contará cunha decena de postos de venda de libros a cargo da Libraría Nobel Espazo Lector de Tui e cun amplo programa de actividades ao longo da xornada.

Programa

  • Ás 12.00 h Lectura do pregón a cargo da poeta de Valença e animadora de diversos clubs de lectura da zona do Minho, María José Areal.
  • Ás 12.30 h Actuación de Brais das Hortas co seu espectáculo “Comisión de festas”, unha proposta que combina música infantil, humor e teatro nun espectáculo participativo no que o público terá un papel protagonista.
  • Ás 18.30 h Espectáculo de monicreques: “Xela e dragón” a cargo do grupo Barriga Verde
  • Ás 20.00 h Concerto do grupo de pandereteiras da asociación cultural tudense “Darraia”