O Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da obra “Tres porquiños” do grupo Xuntanza
Será mañá venres ás 21 h con entradas xa á venda en tui.gal ou unha hora antes do inicio no despacho de billetes
Mañá venres, 15 de maio, ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da obra de teatro amador “Tres porquiños” do grupo de teatro Chirlomirlo da asociación cultural Xuntanza de Randufe. Esta obra estaba prevista para o pasado mes de abril dentro da programación da Semana de Teatro Amador das Festas de San Telmo, pero tivo que ser adiada.
“Tres porquiños”, da autoría do propio grupo Chirlomirlo, revisa o clásico popular da literatura infantil servindo de pretexto para abordar o enorme problema actual da vivenda. Os tres porquiños construtores, cos seus particulares estilos e métodos diferenciados, son os que vertebran esta obra, na que irán aparecendo outros personaxes clásicos como Cincenta ou Branca de Neve.
Sobre o escenario estará un elenco formado por Marita Giráldez, Pilar Álvarez, Adrián Vila, Miguel Ángel Martínez, Alba Martínez, Pablo Alfaya, Amancio Muíños, Juan Carlos López, Ricardo Álvarez, Graciela González e Manuel Diz. Areta Bolado é a directora deste grupo teatral.
As entradas, ao prezo de 2€, están á venda en tui.gal. Mañá poranse á venda ás 100 últimas dende ás 20 h no despacho de billetes do Teatro Municipal.





