II Mercarte

Data:
15/05/2026
Lugar:
Oficina de Turismo
Do 15 de maio ao 15 de xuño, a sala anexa da Oficina de Turismo acollerá a segunda edición de Mercarte, espazo pop-up con artesanía, deseño e obradoiros creativos.
Horario:
- Abrirá de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00 h, ampliando os venres e sábados o seu horario até as 21 h.
Participan:
- Mar.jewelrin presentará xoias elaboradas en resina e flores naturais.
- Manos Creadoras 21 achegará pezas decoradas a man mediante a técnica do puntillismo.
- Shirga dará a coñecer as súas creacións en xoiería de deseño propio en prata.
- Paula Siddell, participará con ilustracións animais, cadernos artesanais e encargos personalizados de mascotas.
- Quiñons da Insua, representará á produción vitivinícola local.
Esta segunda edición contará cunha programación de obradoiros creativos, ao longo do mes de exposición, co obxectivo de achegar ao público o coñecemento das distintas técnicas artesanais brindando a oportunidade de participar activamente nos procesos de creación.




