Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programación 8M

Data: 
5/03/2026
Lugar: 
Tui

Baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, neste 8M,  Día Internacional da Muller, o Concello de Tui deseñou unha ampla e diversa programación situando no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres.

Xoves 5 ás 19 h. Espazo Sociocultural

  • Proxección de “Sufraxistras” de Sarah Gavron.
  • Entrada de balde
  • Colabora: Cineclub Tui

Venres 6 ás 19 h. Teatro Municipal de Tui

  • Acto Central
    • Acción escénica “4.0” de Sue Moreno
    • Actuación do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui
    • Homenaxe á Asociación de Amas de Casa de Tui co gallo do seu 34 aniversario.
    • Lectura do manifesto a cargo da maxistrada Paz Filgueira
    • Intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro

Sábado 7 ás 12.30 h. Oficina de Turismo

  • Inauguración da exposición “Pinceladas de muller” da Asociación Tide Arte.
  • Pode visitarse até o martes 31

Xoves 12 ás 19 h. Espazo Sociocultural

  • Proxección de “Soy Nevenka” de Icíar Bollaín.
  • Entrada de balde
  • Colabora: Cineclub Tui

Sábado 14 e domingo 15. Espazo Sociocultural

II Mercado Creativo “Elas Facedoras”

  • Participan 20 mulleres creadoras de artesanía, moda, cestería, deseño, fotografía, literatura, artesanía alimentaria.
  • Horario 
    • Sábado de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.30h
    • Domingo 15 (12.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h)
  • Actividades complementarias
    • Sábado
      • 12 h Mesa redonda "As mulleres na artesanía contemporánea galega"
      • Interveñen: Verónica Moar; Amalia Puga (Proxecto Bolina); Julia de la Cal e Mercedes Vieites (Lumecú). Modera: Paula Cabaleiro
      • 13 h Actuación Musical Gloria Pavía
      • 19 h Señora Dj
    • Domingo
      • 12 h Presentación e degustación de productos de artesanía alimentaria
      • 13 h Actuación musical Yudit Almeida
      • 18.30 h Monólogo Sobria & Serena

Luns 23 ás 18 h. Espazo Sociocultural

  • Conversa con Marilar Aleixandre sobre o libro “As Bocas Cosidas”