Exposición Acuarelas de José Jesús Blanco Pérez

A Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, acolle do 21 de xaneiro ao 27 de febreiro a exposición “Acuarelas” de José Jesús Blanco Pérez.
O acto inaugural será o mércores 21 de xaneiro ás 19.30 h
Nesta mostra retrospectiva, o artista afincado en Tui, presenta máis de cincuenta acuarelas nas que realiza un percorrido polas paisaxes da súa infancia, pasando por algunhas das rúas máis emblemáticas de diversas cidades, e onde destacan tamén os retratos e os motivos marítimos, que foron moi importantes na súa vida. As persoas que visiten a exposición poderán admirar vistas de Tui, da Guarda, O Rosal, Valença, retratadas polo autor pero tamén outros moitos lugares.
A exposición poderá visitarse na Sala Municipal dende mañá e até o 27 de febreiro de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.




