Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IV San Silvestre Solidaria

Data: 
31/12/2025
Lugar: 
Tui

O mércores 31 de decembro celebrarase a IV San Silvestre Solidaria Tudense. Comezará ás10.30 horas no Paseo da Corredoira de Tui.

As inscricións poderanse realizar a través do formulario de solicitude habilitado na web do Club Atletismo Tui https://clubatletismotui.wordpress.com/, dende o luns 1 de decembro ata o domingo 28, ás 22.00 horas.

A inscrición é gratuíta, pero dado o carácter solidario do evento, solicítase unha doazón para a Asociación Española Contra o Cancro, que poderá realizarse a través dun número de conta ou dun Bizum da asociación, o ben nos petos que estarán habilitados o mesmo día do evento.

Como nas edicións anteriores, ademais do avituallamento final, as persoas participantes poderán tomar un chocolate quente e as 12 uvas, ás 12.00 horas, festexando así por adiantado o fin do ano, rematando o festexo con música e Dj.

A IV San Silvestre Solidaria Tudense está organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Radio Municipal de Tui e de numerosas empresas tudenses,

Regulamento San Silvestre 2025