A Aula CEMIT acollerá o 22 e 23 de decembro o Campamento Dixital da Fundación Cibervoluntarios
Será en horario de 9 a 14 h para nenos e nenas de 9 a 13 anos que adquirirán competencias dixitais básicas
A Aula CEMIT de Tui acollerá o luns 22 o martes 23 de decembro o Campamento Dixital da Fundación Cibervoluntarios en colaboración co Concelllo de Tui. Celebrarase en horario de 9 a 14 h dirixido a nenos e nenas de 9 a 13 anos que nesta formación gratuíta poderán adquirir competencias dixitais básicas.
Así os e as participantes aprenderán a busca de información en Internet, a creación de contidos dixitais, a seguridade e a privacidade, o benestar dixital, a desinformación na rede e a prevención do ciberacoso. Todo a través dunha metodoloxía flexible e testada, na que o alumnado obterá un Certificado nas competencias dixitais adquiridas.
A inscrición, de forma gratuíta, pode realizarse enviando un correo a cemit.tui@xunta.gal indicando nome e apelidos, data de nacemento, persoa de contacto e teléfono. As prazas son limitadas.
O Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e financiado cos Fondos Next Generation da Unión Europea. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital.





