Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo para presentar as solicitudes de renovación dos postos no mercado semanal dos xoves

25/11/2025

Até o 10 de xaneiro está aberto o prazo, no Concello de Tui, para presentar as solicitudes de renovación dos postos no mercado semanal que os xoves se celebra na rúa Mártires de Sobredo. As persoas vendedoras deberán presentar a solicitude no modelo normalizado, xunto coa documentación requirida.

Aquelas persoas que transcorrido o prazo de solicitude non tiveran presentado a documentación,  non poderán instalar os seus postos, en caso de facelo poderán ser sancionados segundo recolle o propio regulamento municipal de venda ambulante  

Solicitude de Autorización, Cambio de Titularidade ou Renovación de Postos Ambulantes 2025