Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui

19/11/2025

O próximo luns, 24 de novembro, ás 11 h, na capela das Reliquias na Catedral de Tui presentarase o programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.

Participarán no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o bispo da diocese de Tui-Vigo, Antonio Valín, o deán da Catedral, José Diéguez Dieppa, as concelleiras de Cultura, Sonsoles Vicente, e de Patrimonio, Ana Núñez, e a subdelegada de Patrimonio, Elvira Larriba.