Licitación dos postos vacantes 3, 6, 7, 12 e 13 no Mercado de San Antonio
5/11/2025
Hoxe abre o prazo de presentación de ofertas á licitación dos postos vacantes 3, 6, 7, 12 e 13 no Mercado de San Antonio destinados a carnicería, espazo gastronómico, panadería, froita e verdura, e alimentación e produtos conxelados.
Pódese ampliar esta información na casa do concello e na sede electrónica municipal. Tras a publicación do anuncio de licitación onte no BOPPO, as persoas interesadas teñen até o 4 de decembro para presentar as súas propostas.
Mercado de San Antonio - Anuncio Licitación concesión demanial postos





