Cortado o acceso á praza de Manuel Caramés dende Martínez Padin por seguridade
31/10/2025
Por motivos de seguridade e ante o risco de desprendemento dun muro, dende hoxe venres, 31 de outubro, permanecerá cortado o acceso á Praza de Manuel Caramés, no Arrabal, dende o cruzamento coa rúa Martínez Padín e O Piñeiro.
As persoas que necesiten acceder á zona deberán facelo a través da rúa A Barca.
Lamentamos as molestias e agradecemos a colaboración da veciñanza mentres se realizan os traballos necesarios para garantir a seguridade.




