Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mes da Biblioteca

Data: 
14/10/2025
Lugar: 
Biblioteca Municipal

Nove actividades conforman o programa co que a Biblioteca Municipal de Tui vai celebrar o “Mes da Biblioteca” coincidindo co Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro. 

OUTUBRO MES DA BIBLIOTECA

  • Martes 7
    • Contacontos “Viaxes e cancións dos ratos de Lonxedetodo” con Trinketrinke Teatro
    • Biblioteca Municipal – 17,30 h.
    • Programa “Ler conta moito”
  • Mércores 8
    • Visita guiada á Biblioteca de cinema de Daniel Domínguez.
    • A cargo de Ángeles García e Ángel Sánchez e Pablo Comesaña, promotores de Play Doc.
    • Biblioteca Municipal - 19,00 horas.
  • Xoves 9
    • Exposición de fotografía “Destino” unha peregrinación de Manuel Valcárcel, de Afundación. Ata 9 de novembro.
    • Sala Municipal de Exposicións – Inauguración ás 11,00 horas.
  • Martes 14
    • Contacontos para bebés: “Estás como unha cabra” de Lalá Teatro
    • Biblioteca Municipal – 17,30 horas
    • Programa “Ler conta moito”
  • Sábado 18
    • Presentación da novela “La metáfora de las canicas” do tudense Alfonso Fontenla Fernández
    • Sala “Félix Rodríguez González” – 19,00 h.
  • Martes 21
    • Contacontos “O gato con contos” con Manuela contacontos
    • Biblioteca Municipal – 17,30 h.
    • Programa “Ler conta moito”
  • Venres 24: Día da Biblioteca
    • Contacontos “A vez que vivín nun libro” con Lucía Aldao
    • Biblioteca Municipal – 17,30 h.
    • Programa “Ler conta moito”
  • Sábado 25
    • Recital poético no Paseo da Corredoira promovido polo pintor Diego Giráldez (autor da escultura a D. Ricardo García)
    • Paseo da Corredoira – 17,30 h.
  • Durante todo o mes:
    • Exposición “Tui en Letras” no Paseo da Corredoira.