A Panadaría con “As que limpan”

A programación de Outono no Teatro Municipal de Tui pecharase coa sátira útopica “As que limpan” do grupo teatral A Panadaría. Neste espazo Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman comezaron esta xira no ano 2022, e van pechar aquí o sábado 22 de novembro, ás 20.00 h. A compañía despedirase tamén con esta representación.
Esta comedia ácida e esperanzadora, coproducida polo Centro Dramático Nacional, reivindica a loita organizada das limpadoras de hoteis e a necesidade de reimaxinar un modelo de turismo sostible e respectuoso co territorio e coa vida das persoas.
- 
Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman 
- 
Apoio dramatúrxico: Paula Carballeira 
- 
Música Orixinal e produción: Ailén Kendelman 
- 
Caracterización e vestiario: Esther Quintas 
- 
Vestiario: Beatriz Novas e Marta Ferrer 
- 
Escenografía: Beatriz de Vega 
- 
Iluminación: Del Ruiz 
- 
Duración: 90 minutos 
- 
Recomendado: + 12 anos 
Entradas: 10€ e 7.5€
 
 



