Davide González e Iria Piñeiro con “Pitiminí: Concerto para bebés”

Data:
31/10/2025
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
O venres 31 de outubro Davide González e Iria Pinheiro interpretarán no Teatro Municipal de Tui “Pitiminí: Concerto para bebés”. Trátase dun espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para as súas familias. É unha viaxe musical con melodias e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor.
Pitiminí foi estreado no XXVI Salón do Libro de Pontevedra este ano e fomenta o desenvolvemento emocional e cognitivo dos máis pequenos a través da danza, música e poesía.
Haberá dúas funcións ás 17.30 e ás 19.00 h.
- Elenco: Davide González e Iria Pinheiro
- Xénero: Teatro musical
- Recomendado: Bebés. Aforo máximo por función de 80 persoas.
- Duración 35 minutos
As entradas teñen un prezo de 4€ e 3€.