Proxección de “Sirat”

O venres 24 de outubro, ás 21.00 horas, proxectarase no Teatro Municipal de Tui o filme Sirat. Esta película dirixida por Oliver Laxe está interpretada por Sergi López, Bruno Ñúñez Arjona, Richard Bellamy, Stefania Gadda, Joshua Liam Henderson, Tonin Janvier e Jade Oukid.
O filme vén de ser seleccionado para representar a España para competir pola nominación ao Oscar á mellor película internacional, e conta xa co Premio do Xurado en Cannes.
A película, estreada en xuño de 2025 conta a historia dun home - interpretado por Sergi López- , e o seu fillo, - interretado por Bruno Núñez - que chegan a unha rave perdida en medio das montañas do sur de Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten fotos súas de xeito incansable, rodeados de música electrónica e un tipo de liberdade descoñecida para eles. Alí deciden seguir a un grupo de raveros na busca dunha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar á moza desaparecida.
-
Elenco: Sergi López, Bruno Ñúñez Arjona, Richard Bellamy, Stefania Gadda, Joshua Liam Henderson, Tonin Janvier, Jade Oukid
-
Guionistas: Oliver Laxe e Santiago Fillol
-
Productores: Pedro Almodóvar, Agustín Almodóvar e Andrea Queralt
-
Director de fotografía : Mauro Herce
-
Xénero: Cinema Drama
-
Recomendado: + 16 anos
-
Duración 114 minutos
As entradas teñen un prezo de 6€ e 4.5€.