Os Naúfragos con “Bulebule”

O venres 17 de outubro, ás 19.00 horas Os Naúfragos Teatro representarán no Teatro Municipal de Tui “Bulebule”. Un espectáculo sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH -Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade-. A obra explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Baixo a dirección de Gustavo del Río e interpretado por Irene Lorenzo e Jimmy Núñez, Bulebule conta a historia de Candela, a quen chaman Bulebule, e que ten TDAH. A ela encántalle encanta o mar e soña con ser patroa dun barco que quere construir ela mesma, pero atópase con que ningunha das dúas cousas é unha tarefa sinxela. Nesta historia non estará soa xa que aparecerá en escea o seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música.
- Dramaturxia e Dirección: Gustavo del Río
- Elenco: Irene Lorenzo e Jimmy Núñez
- Música: Daniel Valentín
- Espazo escénico: Claudia L. Franco
- Espazo iluminación: Daniel Pais
- Axudantía de dirección: Rebeca Vecino
- Axudantía de produción: Antonio Vázquez
- Asesoría dramática: Verónica Rego
- Xénero: Teatro
- Recomendado: + 4 anos
- Duración 114 minutos
As entradas teñen un prezo de 4€ e 3€.