Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A praza do Concello acollerá mañá venres un acto público contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza

18/09/2025

O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola FEGAMP

O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias,  e mañá venres, ás 20 h na praza do Concello realizará un acto público contra o xenocidio do pobo palestina en Gaza.

O obxectivo do mesmo é amosar a condena enérxica e a repulsa ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando o compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresar a solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en Gaza.