Mañá preséntase o Concurso Nacional de Saltos
16/09/2025
Mañá mércores, 17 de setembro, ás 12.30 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, realizarase a presentación do Concurso Nacional de Saltos, que se celebrará esta fin de semana, organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Hípica Galega.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vicepresidente da Federación Hípica Galega, Gonzalo Autran, a presidenta do Club Hípico Equigalia, Elvira Crespo, a directora do concurso, Paula López e a secretaria do club, Natalia Blanco.