Até o 4 de outubro pódese participar no concurso de fotografía “O pobo do libro”
Débese tomar unha foto no photocall situado no exterior da Oficina Municipal de Turismo e compartila en redes
O concurso de fotografía “O pobo do libro” convocado pola Red de Juderías de España forma parte tamén da programación do Setembro Xudeu.
Para participar débese tomar unha fotografía no photocall situado no exterior da Oficina Municipal de Turismo, e compartila en redes sociais, Instagram ou LinkedIn, mencionando a @redjuderias e incluír a etiqueta #ElPuebloDelLibro2025. O prazo remata o 4 de outubro.
O xurado avaliará a creatividade, a orixinalidade e a conexión do lema das Xornadas Europeas da Cultura Xudía 2025: “O pobo do libro”.
As persoas que compartan as fotografías gañadoras poderán conseguir diferentes experiencias culturais, libros e materiais. Os seus nomes daranse a coñecer nas redes da Red de Juderías de España o propio 4 de outubro.