Os Ceos de Galicia Suroeste

"Os ceos de Galicia Suroeste" chegan a Tui o próximo domingo 14 de setembro, ás 21.30 h
É unha iniciativa promovida polo Xeodestino Galicia Suroeste, do que forman parte 14 concellos, entre eles o Concello de Tui.
Trátase dunha actividade para a iniciación á observación dos ceos nocturnos que consistirá en saídas nocturnas realizadas por guías turísticas certificadas pola Fundación Starlight, que permitirán ás persoas interesadas descubrir unha nova forma de mirar ao ceo e iniciarse no mundo do astroturismo.
Galicia Suroeste está a traballar para certificarse como destino Starlight, seguindo a folla de ruta establecida no seu Plan Estratéxico e no Plan de Sustentabilidade Turístico en Destino, PSTD, que xestiona. Un distintivo que agarda obter este mesmo ano.
A inscrición pode realizarse dende o venres, 29 de agosto, en galiciasuroeste.gal.