Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Restriccións de tráfico na Avenida da Concordia

12/08/2025

Debido ao avance das obras da rúa Ourense esta tarde está cortada a circulación en ambos sentidos nun tramo da avenida da Concordia.

Por este motivo estase a desviar o tráfico pola rúa Mártires de Sobredo. O corte tamén afecta ao acceso  á rúa Calzada.

Os desvíos prodúcense xa desde a rúa Maristas.  A última hora da tarde quedará aberto o carril de baixada en sentido Vigo, saída cara Rebordáns, mentres que para subir ao centro urbano débese empregar a rúa Mártires de Sobredo.

Mañá mércores dende ás 10 h volverá cortarse a circulación en ambos sentidos debido ao asfaltado deste tramo de rúa, polo que os vehículos deberán circular pola rúa Mártires de Sobredo. 

Estará cortada tamén a circulación no cruzamento coa rúa Calzada polo que se recomenda  circular por rúa Loureiro cara rúa Palláns ou San Bartolomeu  e viceversa para acceder á rúa Calzada, Antero Rubín …