As asociacións culturais que desexen participar na Festa do Miño deberán presentar a solicitude o luns 28 ou martes 29
Participarán as doce primeiras que presenten a solictude e cumpran os requisitos establecidos
O próximo sábado 16 de agosto imos celebrar a XIII Festa Gastronómica na rúa Compostela, no tramo comprendido entre as rúas Ourense e Betanzos. Este evento forma parte da programación de actividades da Festa do Miño 2025.
As asociacións culturais de Tui que desexen participar deberán presentar a súa solicitude, cubrindo o Anexo I, xunto coa documentación requirida, o próximo luns 28 ou martes 29 de xullo.
Participarán as 12 primeiras asociacións que presenten a solicitude e cumpran os requisitos establecidos, entre eles estar inscritas no rexistro municipal de asociacións.
As bases completas pódense consultar na sede electrónica do concello de Tui ou en tui.gal