Coñece o noso patrimonio

Data:
14/07/2025
Lugar:
TUI
O Instituto de Estudos Tudenses organiza unha nova edición das visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” en colaboración coa Concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.
Neste mes de xullo e no agosto realizarán unha total de seis actividades e visitas guiadas a elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto.
As actividades e visitas guiadas previstas no programa “Coñece o noso patrimonio” son de balde e de acceso libre sen límite no número de persoas participantes.
Programa “Coñece o noso patrimonio”
Luns, 14 de xullo
- Paseo literario polo corazón de Tui
- Ás 20.00 h. Inicio Miradoiro da Alameda de San Domingo
- Visita guiada pola escritora Marga do Val
Mércores, 23 de xullo
- Conferencia “700 anos da peregrinación da Rainha Santa”
- Ás 20.30 h na Igrexa de San Domingos
- A cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela
Venres, 25 de xullo
- Camiñada comentada polo Camiño Portugués dende Rúa Olímpicos tudenses ata Capela de Nosa Señora do Camiño
- Ás 9.00 h. Inicio na rúa Olímpicos Tudenses
Martes, 29 de xullo
- Mosteiro de San Fins de Friestas - Valença
- Ás 20.00 h ES. Mosteiro de San Fins
- Visita guiada polo historiador Narciso Serra
Martes, 12 de agosto
- A escultura románica e gótica na catedral de Tui
- Ás 20.30 h. Inicio na porta Norte da Catedral
- Visita guiada pola profesora Marta Cendón
Martes, 19 de agosto
- A Igrexa de San Telmo
- Ás 20.30 h no adro da igrexa de San Telmo
- Visita guiada por José Ramón Fernández Fernández