V Rocha Folk

Data:
22/08/2025
Lugar:
Ribeira de Caldelas
Pechando a programación cultural de verán, a ribeira de Caldelas acolle o venres 22 e sábado 23 de agosto a V Rocha Folk "Música e terra, son que perdura" organizado pola Asociación Cultural A Insua. Dúas xornadas onde haberá concertos folk ao vivo, danzas e obradoiros, artesanía local e sabores da terra.
-
Venres 22
- Ás 20 h e ás 21.30 h no exterior do hotel Balneario obradoiro de percusión e canto con Joel Padin
- Ás 21 h e ás 22 h animación de rúa coa agrupación de bombos de S. Tiago de Sopo de Vilanova de Cerveira
- Ás 22 h desfile de bombos S. Tiago de Sopo, Gaites de Candás (Asturias) e Gaitas "A Ínsua" de Caldelas. Actuación final desta última no escenario principal
- Ás 23.15 h no escenario principal actuación do grupo Son das tabernas
- Final cunha queimada e foliada
-
Sábado 23
- Ás 11.30 h animación de rúa do grupo de Gaitas Inquedanzas do Centro Cultural Aloia de Pazos de Reis
- Ás 12.00 h Conxunto Sisto
- Ás 13 h e ás 21.30 h animación de rúa de Banda de Gaites de Candás, de Asturias
- Ás 13.15 h no escenario principal actuación das Pandereteiras da Asociación O Fiadeiro de Vigo.
- Ás 14 h na zona da ribeira xantar campestre e foliada libre
- Ás 18 h no escenario principal obradoiro de baile tradicional a cargo dos Carecos
- Ás 20.30 h na Capela do Carme actuación do Dúo Abril
- Ás 22.30 h no escenario principal actuación de Sheila Patricia
- Ás 23.30 h no escenario principal actuación de Os Carecos