Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Furia Sotelo presenta "Camiños que parten"

Data: 
25/07/2025
Lugar: 
Igrexa de San Domingos

Furia Sotelo presenta en Tui, o venres, 25 de xullo, ás 21 h na Igrexa de San Domingos,  "Camiños que parten", un espectáculo de música en directo e danza. Con esta proposta Tui continúa a súa aposta por iniciativas que reivindiquen o seu papel coma porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, neste caso cun espectáculo que viaxa a través dos elementos naturais que serviron de inspiración, guía e material para o último disco de Mounqup, "Aquelarre". 

En “Camiños que parten” escolléronse o vento, as rochas, os ríos e a cinza como guía para a viaxe de tres mulleres do campo galego. Mulleres fortes que crian aos seus fillos nun entorno no que conxugan as súas aspiracións personais co traballo interminable preciso para manter o seu fogar, cortar a leña, anticipar estacións, manter a horta... 

Entrada libre.