V Festival da Cultura Tradicional e Folk

Data:
4/07/2025
Lugar:
Tui
A primeira fin de semana de xullo comeza a programación de verán do Concello de Tui co V Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo. Este é o programa de actividades:
Venres 4
- Exposición "O traxe da muller aldeá" do grupo etnográfico Traxandaina
- No Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Estará aberta até o domingo día 6.
- Trátase dunha mostra das roupas que vestían as mulleres aldeás, sobre todo, en Lugo, con elementos orixinais que se conservan até a actualidade.
- Ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela Concerto "Fía na roca" a cargo de Luís Prego, Cristóbal Pascual, Roberto Porto e Álvaro Iglesias. É un proxecto de cantigas e coplas vinculadas ao proceso de elaboración de traxes tradicionais e a arte de tecer.
Sábado 5
- Ás 19.30 h na praza de San Fernando X Certame de Gaita e Tamboril
- Ás 22.00 h na praza de San Fernando Concerto "Cantares nos camiños" a cargo de María Vidal e Xisco Feijoó, no que recuperan música tradicional galega que aparecía nos seis camiños principais a Santiago.
Domingo 6
- Ás 19.30 h X Día da Muiñeira de Tui.
- O pasarrúas partirá da rúa Ourense para chegar ao Paseo da Corredoira onde terá lugar un concerto-exhibición dos 14 grupos participantes: Trompos Ós Pés (Marín); Andarela (Vigo); Flores do Galiñeiro (Vincios); Pais de San Roque (Cangas); Grupo Folclórico Ventos de Comesaña (Vigo); Peña Xuntanza (Vigo); Agrupación Cultural Xunco (Salceda de Caselas); Asociación Cultural Folclórica Tarambainas (Vigo); Lembranzas da Ría (Cangas); Asociación As Nosas Rúas (Vigo); Meiramar Axóuxeres (Moaña); Mosteiro Pexegueiro; Saragana Traxe de Tui; e Alfándega Asociación Cultural San Telmo.