Presentación do XI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade
Mañá mércores, 25 de xuño, ás 12.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación oficial do XI Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, este domingo 29 de xuño, a partir das 10.30 horas.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do comité organizador, Eduardo Jorge Méndez, o director do departamento de Kung Fu Moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco, acompañados por distintos deportistas do club organizador.