Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O espectáculo “Historias fabulosas con maxia” chega mañá á Biblioteca Municipal na programación “Tui en letras”

19/05/2025

Será ás 17.30 h da man dos tudenses Elisa Alfaya e Ian R. Hamilton

A Biblioteca Municipal de Tui acolle mañá martes, 20 de maio, ás 17.30 h  “Historias fabulosas con maxia con 2 Minds Combined. É unha actividade de animación á lectura que forma parte da programación “Tui en letras” que ao longo dos meses de maio e xuño oferta ata 20 propostas para todos os sectores de idade.

Elisa Alfaya e Ian R Hamilton, 2 Minds Combined, presentan este espectáculo “Historias fabulosas con maxia” dirixido aos rapaces entre 4 e 12 anos de idade.

Será un entretido contacontos que reúne maxia e sombras chinesas usando contos e fábulas como fío condutor facendo que grandes e pequenos gocen dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación. Un espectáculo cheo de sorpresas onde os libros cobran vida e a imaxinación voa máis alto que nunca.

A concelleira de cultura, Sonsoles Vicente, destaca a condición tudense de Elisa Alfaya, promotora desta compañía que dende Tui desenvolve unha intensa actividade. Esta nova oferta para o público infantil está orientada á promoción da lectura un dos obxectivos do programa “Tui en letras” que promove esta concellería coa apoio da Deputación Provincial de Pontevedra,

Elisa Alfaya Pérez

Despois de 15 anos vivindo en Inglaterra Elisa volveu á súa terra natal. Durante os anos de emigrante traballou como meiga e experta de sombras chinesas. Xunto con Ian, viaxou a través do mundo co seu espectáculo ata que decidiron asentarse en Galicia.

Ian R Hamilton

Ian empezou no mundo da maxia e entretemento aos 10 anos. O que comezou coma un pasatempo converteuse nunha carreira que o levou ao redor do mundo actuando en teatros, cruceiros e pratos de televisión.