Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XXVI Feira do Libro Galego

Data: 
17/05/2025
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O sábado, 17 de maio, no Paseo da Corredoira celebrarase a XXVI Feira do Libro Galego coa participación das librarías Espazo Lector Nobel e Iris. Ofrecerán un 10% de desconto nos libros. A feira celebrarase de 11 a 20 h. Ao longo da xornada haberá distintas actividades: 

  • Ás 12.00 h pregón a cargo do historiador Bieito Alonso
  • Ás 12.15 h Compañía Espectacular con “Os mundos de Elisa”
  • Ás 18.00 h María Faltri con “Coa pandeireta na man”
  • Ás 19.00 h Cantareiras da Asociación Cultural “Darraia”