XV Semana do Teatro Amador

Do marte 22 ao venres 25 de abril, dentro da programación das Festas de San Telmo, vaise celebrar no Teatro Municipal de Tui a XV Semana de Teatro Amador. A cita será cada día ás 21 h.
As entradas para a XV Semana do Teatro Amador están á venda en tui.gal ao prezo de 2€. O mesmo día da función poderanse mercar no despacho de billetes do teatro dende ás 20 h.
Martes 22
O grupo de teatro A Insua de Caldelas será o encargado de abrir esta programación o martes 22 ás 21 h coa estea de “Habelas Hainas”. Baixo a dirección de Sofía González en escena Ana Pena González, Marisa Villaverde González, Consuelo Besada Gándara, Rosa María González Núñez, Gabriel López González, Sofía Pimentel Fernández, Josefa Carrera Núñez, Vanesa Villar Costa e María Del Mar Alonso Ubiña. “Habelas Hainas” é unha comedia onde Vicenta, unha vidente un tanto peculiar, e Jonás, o seu asistente escéptico, enfróntanse á morte do Sr. Pérez. Entre unha viúva, espíritos, veciñas excéntricas e a procura da herdanza, a obra explora a tensión entre crenza e realidade, e a importancia de vivir o presente. A obra é unha sátira que, entre risas, convida a reflexionar sobre a vida, a morte e os coidados.
Mércores 23
O mércores 23 será a quenda do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis coa estrea de “Cun pé no ceo”. O elenco está formado por Miguel Pazo, Manuel Gomez, Germa Perez, Estela Rey, Eva Pazo , Miguel Enríquez, Marta Pazo, Secundino Dominguez, Merchi Rodríguez e Román Bugarín. Bego Míguez dirixe esta comedia que leva a escena a vida dunha comunidade de veciños, que se alterada cando, por accidente, se atopan ás portas do ceo.
Xoves 24
O xoves 24 ás 21 h no Teatro Municipal o grupo Chirlomirlo Teatro de Randufe estreará “Arraiadas”, unha obra cuxa idea orixinal e o texto é o do propio grupo que “peneirou” historias reais para crear esta proposta teatral. Na mesma recollen anécdotas de Tui e Tomiño que teñen coma denominador común o “trapicheo”. Amancio Muíños, Alberto Sánchez, Laura Solla, Juan Carlos López, Graciela González, Noelia Solla, Miguel Ángel Martínez, Pablo Alfaya, Pilar Álvarez, Manuel Diz e Marita Giráldez forman parte do elenco que dirixe Areta Bolado.
Venres 25
Pecha esta XV Semana do Teatro Amador o grupo San Fins de Rebordáns con “O amor non ten idade” o venres 25 ás 21 h. Baixo a dirección de Laura Villaverde en escena estarán Concepción Pereira, Concepción Costa, Mª Isabel González, Angela Oliveira, Katia Rocha, Juana Dávila, Álvaro Iglesias, José Álvarez, Tatiana Pérez e Álvaro Iglesias. A obra é unha comedia escrita por Laura Villaverde que nos achega a un grupo de mulleres de vila, acostumadas a coidar dos demais, que embarcan nunha viaxe inesperada que as leva da igrexa a un médium e, finalmente, a un programa de televisión. O que comeza como un busca de respostas convértese nun descubrimento máis profundo: nunca é tarde para namorarse... de si mesmas.