Proceso selectivo 14 peóns horticultura Plan máis Provincia 2025
09/04/2025
Áreas:
Emprego
Finalizado o proceso de selección de 14 peóns de horticultura e xardinería para o Plan + Provincia 2025 . Este contratación realizase dentro do programa de Activación do Emprego da Deputación de Pontevedra e é financiada a través da liña 3, do Plan + Provincia 2025.
A través do mesmo o Concello de Tui, contratou a 16 persoas.
Son 14 peóns de horticultura, un oficial segunda fontaneiro e un operario soldador-cerralleiro de estruturas metálicas lixeiras.
A financiación dos contratos se realiza a través da subvención da liña 3 do Plan máis provincia, cun importe para este ano 2025 de 222.200,16€ e con unha achega municipal de 5.348,97€




